Charla en Xinzo sobre a contaminación das augas da Limia


Auga Limpa Xa e o MEL (Movemento Ecoloxista da Limia)

organizan unha palestra informativa en Xinzo para explicar, coa axuda de demandantes e científicos, o alcance da sentenza do TSXG a raíz da demanda por vulneración de dereitos fundamentais que sinala a inacción da Xunta de Galiza e da Confederación Hidrográfica Miño-Sil diante da contaminación das augas da bacía do Limia. Tamén explicarán as demandas de solucións baseadas nunha moratoria para frear a gandaría industrial, a mellora na xestión de residuos e a intervención das autoridades sanitarias mediante un estudo sobre a incidencia da contaminación na saúde humana.

Sábado, 19 de xullo

Ás 20 horas na Casa da Cultura

Anuncio da palestra do sábado en Xinzo (Casa da Cultura).

Anuncio da palestra do sábado en Xinzo (Casa da Cultura)

Interveñen:

Pablo Álvarez (portavoz das veciñas das Conchas, Lobeira)

Eduardo Costas (Universidad Complutense de Madrid)

Serafín González (Sociedade Galega de Historia Natural)

Manuel García (Movemento Ecoloxista da Limia)

Organizan:

Augas Limpas Xa!

Movemento Ecoloxista da Limia

Anuncio da palestra do sábado en Xinzo (na imaxe no encoro das Conchas).

Anuncio da palestra do sábado en Xinzo (na imaxe no encoro das Conchas).

Auga Limpa Xa e o MEL agradecen a colaboración do Concello de Xinzo pola cesión da Casa da Cultura para a celebración do acto.

Antes do comezo da charla recolleranse sinaturas no marco da campaña de apoio ao cumprimento da sentenza do TSXG e pola posta en marcha das medidas que vén reclamando historicamente a veciñanza das comarcas da Limia e outras lindeiras.

Xinzo de Limia, 17 de xuño de 2025

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Últimas publicaciones
  • La mayor de las victorias

    PROCEDENCIA: Spanish Revolution en Youtube

    Redacción/
    julio 24, 2026
  • Crónicas desde el otro lado del charco (0) Thiel, rey de la Patagonia

    Preparando las maletas para nuestro viaje a Argentina, nos encontramos con este artículo que puede servir como introducción a los materiales que podamos encontrar en nuestro viaje. Queremos ver de cerca el experimento que está destruyendo lo poco del estado de bienestar que quedaba en el país.

    CARIDAD BLÁZQUEZ/
    julio 10, 2026
  • El “falso” ecologismo capturado por las redes del poder

    Aportamos esta respuesta de Aliente a la toma de posición de Greenpeace y de la fundación Renovables porque nos parece un análisis acertado y agudo que cuestiona de manera radical la posición de grupos y fundaciones ecologistas que todavía, a pesar de la que está cayendo , no son conscientes que el problema es sistémico, el modelo de renovables que se impulsa conlleva asociada la corrupción de un sistema basado en la acumulación de riqueza a cualquier precio. Las grandes organizaciones del » ecologismo responsable» se convierten en comparsas de los grandes inversores haciéndonos creer que desean «hacer bien las…

    Toni Jorge/
    julio 10, 2026
  • Pandemias siglo XXI: no son excepciones, son cada vez más frecuentes

    «Estamos deteriorando los ecosistemas de todo el planeta y alterando a gran velocidad las condiciones biofísicas que durante siglos mantuvieron determinados equilibrios entre especies, patógenos y seres humanos.»

    Redacción/
    julio 5, 2026