Fontes e puntos de abastecemento de auga nos Blancos presentan valores non aptos para o consumo por contaminación

Movemento Ecoloxista da Limia (MEL).

Por Movemento Ecoloxista da Limia (MEL)

  • O MEL denuncia que ninguén está a informar á veciñanza, malia que as medicións oficiais aparecen mesmo na sentenza do TSXG sobre a contaminación das augas.
  • Pide que as Administracións cumpran a súa obriga de alertar á veciñas e veciños e desde a Alcaldía expliquen porque non se está a actuar.
  • Os Blancos é un exemplo de que o control, coa maioría de puntos de toma de mostras de auga na chaira da Limia, é insuficiente nas zonas máis altas.

O Movemento Ecoloxista da Limia (MEL) advirte que a contaminación é persistente nas augas do encoro e no acuífero da Limia e en moitos dos puntos de abastecemento humano da chaira e en varios concellos lindeiros. As medicións -que o MEL leva a cabo como parte dunha Red cidadá de detección de augas contaminadas por nitratos de orixe agraria que a nivel do Estado coordina Greenpeace- seguen indicando valores por riba dos límites (50 mg/l. de nitratos) para auga de consumo humano.

Valores dunha mostra recollida nunha fonte dos Blancos o 22 de xuño.

A situación é especialmente grave no Concello dos Blancos, onde as concentracións en fontes pública e puntos de abastecemento chegan case até os 90 mg/l. segundo as medicións da Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS) o 25 de setembro de 2024, resultados que se citan na recente sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza.

Na páxina 37 do procedemento por vulneración de dereitos impulsado por veciños das Conchas, os maxistrados anotan os seguintes valores:

  • Na fonte Vilar, xunto á Igrexa do Perpetuo Socorro, 69,3 mg/l.
  • Na fonte da Rúa da Fonte, 42,9.
  • Na fonte O Caño de Outeiro, agua arriba do lavadoiro, 80,7.
  • Na agua de abastecemento na billa externa da Casa da Cultura, 82,2.
  • E na agua de abastecemento dun domicilio privado próximo á Casa da Cultura, 81,9

Malia que en outono de 2024 a CHMS comunicou a Sanidade e ao Concello dos Blancos o alto nivel de nitratos até hoxe o goberno municipal dos Blancos non ten adoptado medida ningunha que coñezamos publicamente e que coñezan as veciñas e veciños.

En novas medicións realizadas polo MEL a finais de xuño pasado, nove meses despois das achegadas no xuízo pola CHMS, os valores son similares ou mesmo están por riba. Na aldea de Vilar, as augas das fontes superan o límite de consumo seguro. O mesmo acontece co abastecemento de auga potable no lugar de Envigo. No caño de Outeiro, a medición realizada polo MEL ofreceu unha concentración de 120 mg/l.

Valores dunha mostra recollida nunha fonte dos Blancos o 22 de xuño.

O Movemento Ecoloxista da Limia reclama á Consellería de Sanidade e a CHMS que fagan públicas as comunicacións que mantiveron entre ambas Administracións e co Concello dos Blancos alertando destes valores e o seguimento que fixeron en canto a adopción das medidas establecidas para estes casos.

O Movemento Ecoloxista da Limia considera que tanto o Concello dos Blancos como a Consellería de Sanidade e a CHMS deben informar publicamente e de maneira urxente á veciñanza dos Blancos afectada por esta contaminación das medidas que se van a tomar para garantir o abastecemento de auga potable limpa, segura e libre de microorganismos e sustancias químicas.

E lembra que é competencia dos concellos o abastecemento domiciliario de auga potable.

Durante unha nova toma de mostras a semana pasada no termo municipal dos Blancos, varias veciñas e veciños advertiron a membros do MEL que a orixe da contaminación das súas augas está nunha zona concreta na parte máis alta do concello “onde están a verter moitas cisternas”. O MEL apela á responsabilidade do alcalde para que se interese por esta cuestión e cumpra coa súa obriga e prohiba o abastecemento naqueles puntos que as medición oficiais o desaconsellen.

O caso dos niveis de contaminación rexistrados nos Blancos demostran que son necesarios moito máis puntos de toma de mostras, como vén reclamando o MEL nos últimos anos no Consello da auga. O control está moi concentrado na chaira da Limia, mais é insuficiente nos concellos de montaña. Mentres non se estableza un control exhaustivo en todos os concellos non coñeceremos a magnitude do problema da contaminación.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Últimas publicaciones
  • Zamora en Pie: «No queremos mierda»

    Una de las muchas iniciativas de la federación provincial Zamora en Pie.

    Redacción/
    marzo 12, 2026
  • La bestia morirá matando

    El mundo está dejando de ser lo que era, y se está abriendo una etapa llena de incertidumbres y riesgos, con la multicrisis lista para estallar. Rafael Poch es uno de los analistas de referencia más serios y fiables en el análisis crítico de la geopolítica internacional.

    Redacción/
    marzo 12, 2026
  • «Sin transición. Una nueva historia de la energía», de Jean-Baptiste Fressoz

    La ex integrante del consejo de redacción de EeA recientemente disuelto ha escrito este artículo, comentario de un libro que consideramos muy interesante y  que estaba listo para publicar en el número de Ecologista. Al haberse producido el despido de la coordinadora de la revista, lo publicamos aquí al considerarlo de interés. Lena Pettersson 5-03-2026 […]

    Redacción/
    marzo 12, 2026
  • Del ecologismo a la comunicación del lobby gasista: la directora de comunicación de Solarig

    Uno está acostumbrado por desgracia a lo que llamamos las puertas giratorias en política. Se trata de oscuras conexiones entre el mundo político y el mundo empresarial que por desgracia hemos llegado a normalizar. Suponen la asunción de que las reglas son las que son y que como después de la actividad pública hay que […]

    Toni Jorge/
    marzo 12, 2026